Accesible xa unha galega para facérmonos máis eficaces co spam
martes, 25 de xaneiro do 2011
A empresa galega Ultreia e máis o grupo Sistemas Informáticos de Nova Xeración da
Universidade de Vigo veñen de facer análise da súa colaboración en materia
de filtros para correo electrónico, máis polo miúdo para aquel tipo de correo
electrónico que máis dores de cabeza produce (amais de roubos, perdas de tempo
e, de non ser precavidos, visitas non desexadas de virus). Estamos a falar do spam, que é de maneira común se coñece ás
múltiples e variadas tentativas de chamar a nosa atención nos servizos de mail sen
nós querelas nin desexalas. Pois ben, o traballo conxunto de Ultreia e o grupo
SING encamÃñase a facerlle fronte con métodos máis eficaces. Segundo conta Mancomún,
o proxecto colleu corpo nun banco para a optimización e mellora de filtros
baseados en SpamAssasin (ferramenta xa existente). Este banco, que ten nome
propio (Grindstone 4 Spam) é
un feixe de ferramentas de software libre para tirar o máximo rendemento dos
devanditos filtros SpamAssasin.
Dende a web do proxecto xa é posible
descargar este recurso, consultar as instrucións de manexo e ver polo miúdo as
especificacións.
Trátase dun proxecto de innovación que tivo
tras de si un importante de traballo de análise de datos, incluÃdo o exame en
detalle de máis 10 millóns de mensaxes de correo electrónico e das tendencias
amosadas polo fluxo de correo lixo mundial (espello da realidade a tódolos
niveis, xurdindo case sempre de onde máis demanda se rexistra sobre unha cuestión
de actualidade concreta).
A idea principal de GS4Spam é a de imprimir
axilidade e eficacia sobre o que xa existe, os devanditos filtros. Máis polo miúdo,
e segundo conta a propia Ultreia, trátase de aforrarlles tempo e traballo aos
administradores de sistemas ao pór en xogo regras na optimización da velocidade
das bases de datos para filtros e no exame destes recursos. Seguindo este
camiño e logo das primeiras probas, descubriuse que o sistema anti-spam mellora a súa rendibilidade
nun 80%, superando unha taxa do 99% de spam
suprimido cunha probabilidade de falso positivo inferior ao 0,001%.