Far Cry 6 confirma a súa data de lanzamento

venres, 28 de maio do 2021 Marcus Fernández

A COVID-19 afectou seriamente ao calendario de lanzamentos do sector de videoxogos, e o agardado Far Cry 6, previsto para o pasado mes de febreiro, finalmente ten unha data de lanzamento oficial: o 7 de outubro. Este xogo para Xbox One, Xbox Series X|S, PlayStation 4, PlayStation 5, PC, Stadia e incluso Amazon Luna, convídanos a introducirnos na crúa experiencia dunha improvisada guerrilla moderna e derrocar a un ditador e aos seu fillo para liberar Yara (país ficticio inspirado en Cuba).
O noso rol será o de Dani Rojas, personaxe do que poderemos elixir se é home ou muller, e que será quen se enfronte ao ditador Antón Castillo (interpretado polo célebre actor Giancarlo Esposito), para o que contará co grupo revolucionario Libertad liderado pola carismática Clara García.
García convencerá a Rojas para unirse á resistencia, e presentaralle a todo un mestre en desestabilizar gobernos, Juan Cortez, quen pode considerase como o arquitecto da revolución.
Tamén xogarán un importante rol no xogo as solucións que haberá que empregar como arma ante os recursos limitados que se teñen, como un arma chamada El Pequeño, feita cun vello motor de motocicleta. Pezas de bicicletas, automóbiles ou incluso reprodutores de CD servirán para crear armas que permitan combater nesta desigual guerra.
Temos aquí unha interesante entrega desta saga, que ten a honra de ser un dos primeiros grande xogos do ano en confirmar o seu lanzamento nestes momentos tan complicados para os estudios de videoxogos.

Dani Rojas é a protagonista de Far Cry 6, aínda que os usuarios que o prefiran poderán mudar o seu sexo polo masculino

Tráiler de Far Cry 6

PUBLICIDADE