Far Cry 3, de balde por tempo limitado

martes, 7 de setembro do 2021 Marcus Fernández

Nos últimos anos non foron poucas as entregas da franquía Far Cry, e unha das mellor recordadas é Far Cry 3, protagonizado polo carismático Jason Brody, que atrapado nunha illa tropical emprende unha violenta aventura na que terá que actuar segundo vai aprendendo máis do horror e a corrupción que invaden a illa.
Agora, este xogo cun contorno rico e ben realizado, e con personaxes intrigantes e lugares que explorar, pode conseguirse completamente de balde a través da tenda en liña de Ubisoft, que engade o título á nova colección de Ubisoft Connect PC, para permitirnos xogar en calquera ordenador persoal no que instalemos o lanzador e nos identifiquemos debidamente. Deste xeito aforramos os 19,99 euros que custa este xogo sempre que o reclamemos antes do día 11 de setembro ás 8:30 horas.

PUBLICIDADE