Fallout 76 sae á venda

mércores, 14 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Bethesda Game Studios sorprendeu en maio co anuncio de que estaba a traballar no xogo Fallout 76, título para Xbox One, PlayStation 4 e PC que finalmente xa temos dispoñible para a súa compra, facilitándonos así gozar dunha nova experiencia de Fallout, na que mesturaron elementos dos xogos de supervivencia e outras partes de xogos masivos en liña para dar lugar a algo único: un xogo onde compartir a historia e a loita pola supervivencia a carón de estraños, amigos e de nós mesmos.
Falltou 76 é unha precuela en liña, onde cada supervivente é unha persoa real, permitindo o traballo en equipo para sobrevivir baixo a ameaza dunha aniquilación nuclear. Neste xogo atoparemos o meirande mundo creado no lendario universo de Fallout.
A historia ambiéntase no Día da Recuperación de 2102, 25 anos despois da caída das bombas, cando sairemos xunto con outros moradores do refuxio a unha América post-nuclear, para explorar, facer misións, construír e superar as maiores ameazas do ermo.

Fallout 76 colle o universo de supervivencia post-nuclear de Bethesda e transfórmao nun xogo masivo en liña

PUBLICIDADE