Fall Guys será de balde para todos

luns, 16 de maio do 2022 Marcus Fernández

O vindeiro 21 de xuño un dos xogos estrela da pandemia, Fall Guys¸ vai renovarse substancialmente con versións para Xbox, Nintendo Switch e PlayStation 5, levando tamén o título á Epic Games Store, e cun cambio especialmente importante: pasa a ser un xogo gratis para todos.
Deste xeito os xogadores de PC, PlayStation, Xbox e Nintendo Switch poderán competir á vez, e gardando os seus progresos de xeito compartido, en Fall Guys, incrementando así considerablemente o volume de xogadores que poden xuntarse para pasar un momento divertido.
O xogo tamén recibirá novidades, como a modalidade de xogo coñecido como Bólas Explosivas ou a ronda Hex-a-ring, de xeito que este título mantén o seu compromiso polas actualizacións frecuentes para manter o interese do público.
Para os que queiran sumarse a este fenómeno está aberto un proceso de pre-rexistro que permitirá recibir recompensas aos usuarios que se inscriban nesta nova etapa que chega a Fall Guys.

Tráiler no que se anuncia que Fall Guys pasa a ser un xogo multiplataforma free-to-play

PUBLICIDADE