Falece o enxeñeiro Fernando Pardo Bustillo
xoves, 29 de setembro do 2016
Fondo pesar no ámbito
tecnolóxico galego polo pasamento de Fernando Pardo Bustillo, enxeñeiro
responsable de grandes proxectos no noso pais entre os que destacou o da posta
en marcha da Radio Galega e a Televisión de Galicia.
Doutor enxeñeiro de Telecomunicacións, foi
responsable da parte técnica da CRTVG e posteriormente de Canal Sur, radio e
televisión. Continuou o seu traballo como responsable de M-80 Radio e de Canal
Nou Valencia.
Contratado por Price WaterhouseCoopers chegou a
ser socio da consultora e impulsou o comercio electrónico e presidiu a asociación
española do sector. Os proxectos do último concurso de licenzas de TDT en
Galicia e os estudos de interferencias electromágneticas dos parques eólicos
están entre os seus derradeiros traballos.
- ChÃo de Xavier Alcalá dando conta do pasamento de Fernando Pardo
A nova do pasamento dada a
coñecer polo noso amigo Xavier Alcalá, causou unha forte conmoción no
sector da enxeñerÃa en Galicia.
Colaborador de Código Cero e Código TV nos
seus primeiros tempos, queremos desde esta redacción amosalo noso profundo
pesar a súa familia polo seu pasamento. Descanse en paz.