Facebook venderá en España os seus produtos Portal
mércores, 18 de setembro do 2019
O
ano pasado Facebook presentou dispositivos para facer máis naturais as videoconferencias,
o Portal e o Portal+, e agora dispóñense
a facer medrar a familia, non só incorporando novos dispositivos, senón
tamén chegando a máis paÃses, de xeito que por fin os teremos dispoñibles en
Europa, o que resulta especialmente interesante agora que estes dispositivos xa
non se limitan a comunicarse a través de Messenger, senón que tamén permiten
facer videochamadas por WhatsApp.
Os dispositivos da marca Portal son basicamente tabletas de sobremesa para
facer videoconferencias, que ofrécense en varios tamaños, de xeito que agora
teremos o Portal Mini con pantalla de 8 polgadas, o Portal con pantalla de 10
polgadas e o Portal+ con pantalla de 15,6 polgadas, que chegarán a Europa a
prezos de 149, 199 e 299 euros respectivamente. Tamén serven para reproducir música
cando non se realizan videoconferencias e gozar das prestacións propias dos
altofalantes Amazon Echo (xa que integran Alexa). Ante a desconfianza do
público as cámaras e os micrófonos destes dispositivos poden desactivarse cun
simple interruptor.
Pero a estas tabletas personalizadas acaba de chegarlles unha interesante
alternativa, o Portal TV, que é basicamente unha webcam que pode colocarse
sobre ou baixo o televisor, para conseguir videochamadas nunha pantalla de
grande tamaño, convertendo o televisor nunha fiestra a distancia dende a que
ver a amigos e familiares, e poder conversar. O Portal TV poderá mercarse por
169 euros.
Estas solucións para realizar videoconferencias resultan cómodas e atractivas
xa que a cámara dos dispositivos tira proveito da intelixencia artificial para
facer un seguimento da acción, de xeito que a imaxe achégase e céntrase no
importante, sen que os interlocutores teñan que achegarse fisicamente á cámara.
Os dispositivos Portal con pantalla poden aproveitarse a xeito de marco
dixital, no que amosar as nosas fotografÃas e vÃdeos favoritos e incluso recibir
recordatorios de aniversarios, mentres que o Portal TV tamén destaca por poder
empregarse como un xeito máis de ver coas amigos contidos de Facebook Watch. Os
dispositivos Portal tamén serven para gozar dos contidos de Amazon Prime Video.
Estes trebellos de Facebook poden xa
reservarse, coa posibilidade de aforrar 50 euros ao mercar dous á vez, gozando
dun perÃodo de proba de 30 dÃas e gastos de envÃo de balde.
Novo vÃdeo promocional dos trebellos Portal