FITT360, unha cámara de 360 graos para pendurar do pescozo
luns, 19 de febreiro do 2018
Como unha solución para captar vÃdeo en 360 graos dun xeito
cómodo Linkflow desenvolveu coa
aceleración de Samsung o que aseguran que é a primeira cámara de 360 graos en
formato de banda para o pescozo, a FITT360, que permitirÃa asà capturar
momentos dende un punto de vista de primeira persoa e sen o problema de que o
propio corpo da persoa que filma obstaculice a gravación.
Esta orixinal cámara que pode levarse enriba comodamente está
a ter boa acollida en Kickstarter, onde a súa campaña superou sobradamente a
súa meta e aÃnda está dispoñible para a súa adquisición a un prezo que
parte de 396 dólares (319 euros), estando previsto o seu envÃo aos mecenas a partires
do mes de outubro.
A FITT360 adopta un formato moi empregado nos últimos anos para auriculares sen
fÃos (que poden levarse pendurados no pescozo) e de feito, a cámara tamén
integra auriculares para poder empregarse para escoitar música ou responder
chamadas, converténdose asà nun accesorio máis funcional que integra na súa
banda 3 cámaras de alta definición e un botón de disparo, de xeito que chegarÃa
con levar posta a cámara e premer un botón para poder rexistrar o que acontece
ao redor dende unha perspectiva de primeira persoa moi fiel, e que incluso
poderÃa retransmitirse en directo a través da Rede.
A cámara poderÃa rexistrar até 90 minutos de vÃdeo en 360 graos, permitindo
exportar as imaxes e vÃdeos captados tanto en 360 graos (4K) como en formato
plano (ou sexa, coa información captada por cada unha das 3 cámaras por separado).
Integra GPS, soporta calor e impactos e tamén é resistente á auga (IPX6).
VÃdeo de exemplo da cámara FITT360