FIFA 22 probará en breve o xogo cruzado
martes, 3 de maio do 2022
EA Sports adianta que en
breve probará a función de xogo cruzado para PlayStation 5, Xbox Series X|S e
Stadia no seu xogo estrela, EA Sports FIFA 22, de xeito que será
posible botar partidas contras amigos que teñan unha plataforma distinta da
nosa e incluso participar en competicións en liña contra xogadores de distintas
plataformas.
Para evitar problemas esta nova funcionalidade estará dispoñible só en dous
modos de xogo (as tempadas en liña e os partidos amigables) e para poder gozar
destes modos en probas será preciso seleccionalo nunha opción que aparece no
menú principal do FIFA 22, que serve para entrar e saÃr do programa de
probas do xogo cruzado.
O xogo cruzado no FIFA 22 non afecta á xogabilidade ou ao matchmaking,
pois considerará que os usuarios das outras plataformas son iguais que os da
nosa plataforma, o que basicamente facilita que podamos xogar cunha base de
usuarios moito máis grande, superando un atranco moi habitual no xogo en liña
que conta con grande rexeitamento, xa que os xogadores o que queren e xogar con
outras persoas con independencia do hardware que utilicen.