FIFA 18 verá a luz o 29 de setembro
luns, 5 de xuño do 2017
Electronic
Arts confirmou hoxe que o seu xogo FIFA
18 estará
dispoñible en todo o mundo a partires do 29 de setembro en versións para
PlayStation 4, Xbox One, PC, Xbox 360 e PlayStation 3, deixando claro que as
dúas últimas non ofrecen as novidades desta entrega (máis aló da actualización
do cadro de xogadores) xa que non están desenvolvidas co motor de xogo
Frostbite, que é o que posibilita boa parte das melloras do xogo de fútbol de
referencia.
A imaxe de FIFA 18 será Cristiano
Ronaldo, quen aparece no xogo recreado con grande fidelidade, xa que os seus
movementos rexistráronse hai poucos meses cun traxe de motion capture, de xeito que será posible distinguir o seu xeito de
correr e a súa técnica de disparo.
Pero dende EA Sports non se conformaron con ter un Ronaldo, e ficharon a dous,
de xeito que teremos
unha Edición Icona que contará con Ronaldo Nazário como imaxe, e incluirá a
cesión de ambos Ronaldo durante cinco partidos de FIFA Ultimate Team, xunto con
moitos outros contidos.
- Cristiano Ronaldo será a imaxe do FIFA 18
Tráiler no que se anuncia que Ronaldo será a imaxe de FIFA 18