FIFA 13 estrea demo para PC e Xbox 360

martes, 11 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O Camp Nou non estará presente en FIFA 13

O vindeiro dia 27 chegará ás tendas o agardado xogo FIFA 13 de EA Sports, pero os seareiros desta franquía poden comezar a gozar da nova entrega a través das súas versións de demostración, que hoxe estreáronse para a versión de PC en Origin e para os usuarios Gold de Xbox LIVE, mentres que os usuarios de PS3 poderán gozar da demo dende mañá pola tarde. Esta demo permitirá disputar partidos amigables entre o AC Milán, o Arsenal, o Borussia Dormunt, a Juventus e o Mancheter City.
Pero non todo son boas novas para esta nova entrega do FIFA, pois dende EA Sports veñen de dar conta de que na presente edición non puideron pechar un acordo co FC Barcelona para incluír o Camp Nou no xogo, aínda que aseguran que a renovación de tal licenza están entre as súas prioridades para o futuro.

A demo de FIFA 13 chega hoxe a Xbox 360 e PC, mentres que a PS3 recibiraa mañá pola tarde

PUBLICIDADE