FIFA 13 confirma o seu poderío no Reino Unido

luns, 1 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O pasado venres chegou ás tendas españolas o xogo de EA Sports FIFA 13, e aínda que non temos os datos de vendas locais, podemos facernos unha idea ao saber que liderou as vendas no Reino Unido, converténdose no 4º xogo en vender máis dun millón de copias na súa primeira semana, como xa fixeran no seu día Call of Duty: Black Ops, Modern Warfare 2 e Modern Warfare 3, de xeito que sería o mellor lanzamento de 2012. Tal é a forza do lanzamento do xogo de fútbol líder en Europa que disparou as vendas de videoxogos e acaparou os 71% dos títulos vendidos e o 80% dos ingresos da venda de xogos no Reino Unido.
La listaxe de vendas da última semana no Reino Unido vemos que tras FIFA 13 están os xogos Borderlands 2, F1 2012 e World of Warcraft: Mists of Pandaria, que conseguen adiantar ao principal competidor do FIFA, o Pro Evolution Soccer 2013, que ten que conformarse co 5º posto de vendas. Tamén podemos destacar o feito de que Rocksmith, o xogo musical que permite empregar unha guitarra eléctrica de verdade na consola ou no ordenador conseguiu conquistar o 7º posto de vendas, o que é todo un logro para un título que non está dirixido a un público moi amplo e que precisa dun elevado investimento económico para poder xogar (por precisar dunha guitarra eléctrica).

PUBLICIDADE