FIFA 10 vende 1,7 millóns de copias nunha semana

xoves, 8 de outubro do 2009 Marcus Fernández

O xogo FIFA 10 leva unha semana nas tendas europeas acadando unhas vendas de 1,7 millóns de copias, de xeito que converteríase no xogo deportivo que máis rápido vendeu na historia e no meirande lanzamento europeo de Electronic Arts, de xeito que vemos como as magníficas críticas da prensa especializada sobre este título correspondéronse totalmente con fortes vendas.
Tamén está a ter moi éxito a participación en liña no xogo, con máis de 10 millóns de sesións dende o seu lanzamento e picos de ata 155.000 xogadores simultáneos. En vista destes datos o Pro Evolution Soccer 2010 vai ter as cousas moi difíciles este ano para facer fronte ao seu grande rival, tanto por saír 3 semanas máis tarde como polas limitacións propias desta franquía de Konami (coma carecer de moitas licenzas e facer uso dun motor de xogo indigno da actual xeración de consolas de videoxogos).

PUBLICIDADE