FEZ será multi-plataforma en 2013

mércores, 2 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Non parece haber dúbidas en que o xogo independente máis destacado de 2012 foi FEZ, título exclusivo para Xbox 360, para frustración dos que non poden gozar do Bazar de Xbox LIVE, que seguramente recibirán con alegría o anuncio que fixo o creador do xogo, Phil Fish no blog oficial de Polytron, onde asegurou que finalmente o seu xogo levarase a outras plataformas, aínda sen dar máis detalles e engadindo que aínda non sabe o que fará no futuro coa súa empresa, pois aínda que ten o desenvolvemento dun par de novos xogos no punto de mira, non concreta se continuará pola senda indie en solitario.
En vista desta anuncio parece seguro que FEZ contará cunha versión para PC, sendo tamén bastante probable que chegue a PlayStation 3 e incluso a Wii U e a plataformas móbiles.

PUBLICIDADE