F(x)tec prepara un teléfono con teclado QWERTY escorregante
xoves, 28 de febreiro do 2019
No Mobile
World Congress está a poder verse a
última creación de F(x)tec, o smartphone Pro 1, que sorprende ao recuperar
un formato de teléfono bastante esquecido, xa que inclúe un teclado fÃsico
QWERTY escorregante (na liña do Nokia E7 de 2010). Como estamos ante un produto cun mercado moi limitado ofrécese
inicialmente mediante reserva a un prezo de 649 dólares/euros, estando
previsto o seu envÃo aos compradores no mes de xullo.
Este curioso smartphone chegará cunha pantalla AMOLED de 5,99 polgadas cunha
resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles e un teclado QWERTY de 64 teclas en 5
columnas que sitúase con respecto da pantalla a un ángulo de 155 graos, para
facilitar a visualización da pantalla en mobilidade.
O F(x)tec Pro 1 non será precisamente un dispositivo á última, xa que chegará
cun procesador Qualcomm Snapdragon 835, pero cos seus 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante microSD) deberÃa ofrecer unha
experiencia o suficientemente solvente. Funcionará con Android 9.0, incluirá
cámara traseira dual de 12 e 5 MpÃxeles e frontal de 8 MpÃxeles, conectividade
Wi-Fi AC, NFC, lector de pegadas dixitais lateral, altofalantes estéreo, toma para
auriculares e baterÃa de 3.200 mAh con carga rápida por USB-C. Un produto
bastante discreto en prestacións que como principal reclamo ten o seu factor
forma.
- O F(x)tec Pro 1 pretende ser unha boa ferramenta para a produtividade móbil
- En Barcelona F(x)tec está a amosar prototipos do seu interesante smartphone