Everybody’s Golf chega a PS4 no seu 20º aniversario

mércores, 30 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Este verán cumpriu 20 anos o xogo Everybody’s Golf para a primeira PlayStation, e como un xeito ideal para celebrar este aniversario chega hoxe á PlayStation Store un xogo co mesmo título, pero que desta volta é compatible coa PlayStation 4, de xeito que este clásico do golf está dispoñible para a actual xeración de consola, co conseguinte mellora gráfica e incluso coa posibilidade de poder competir contra outros golfistas a través da Internet.
O novo Everybody’s Golf é un traballo de Clap Hanz e JAPAN Studio, que ofrece máis desafíos, opcións de personalización de personaxes e modos de xogo que nunca. Este título ofrece un modo de práctica para por coller experiencia en todos os campos sen distraccións, as melloras no equipamento do noso personaxe poderán adquirirse segundo imos sumando progresos no xogo e incluso poderase participar en actividades que van máis aló do golf, como relaxarse pescando entre burato e burato.

Tráiler de lanzamento de Everybody’s Golf

PUBLICIDADE