Este verán teremos un novo xogo de Splatoon
mércores, 22 de abril do 2026
Nintendo confirmou o lanzamento de Splatoon Raiders o vindeiro 23 de xullo, unha nova proposta dentro da popular franquÃa de acción con tinta que aposta principalmente pola experiencia individual, aÃnda que sen renunciar a opcións cooperativas. Trátase do primeiro tÃtulo completamente novo da serie desde a publicación de Splatoon 3 en 2022 e chegará en exclusiva a Nintendo Switch 2.
A proposta sitúa o xogador no papel dun mecanista que colabora co Clan Surimi, un trÃo de músicos aventureiros, nunha expedición polas illas Espiralita. O obxectivo pasa por explorar estes territorios, enfrontarse a hordas de inimigos (principalmente salmónidos) e reunir recursos e tesouros que permitan mellorar o equipamento.
A xogabilidade mantén as bases da saga, cun sistema de combate centrado no uso de armas que disparan tinta, pero introdúcese nunha estrutura máis orientada a campañas e progresión. O personaxe poderá personalizarse e equiparse con diferentes chintófanos mecánicos que modifican tanto as capacidades ofensivas como defensivas.
Un dos elementos destacados é o explorabot, unha unidade controlada por un membro do Clan Surimi que presta apoio durante as misións, facilitando tanto o combate como a recollida de botÃn. Tras cada incursión, os xogadores regresan á base para investir os recursos obtidos en melloras, reforzando asà o ciclo de progresión.
A pesar do seu enfoque individual, o xogo incorpora opcións cooperativas para ata catro participantes, tanto en liña como mediante conexión local, o que permite abordar as expedicións en equipo.
VÃdeo no que se anuncia a data de lanzamento de Splatoon Raiders
