Esta semana sairá á venda en Europa o Microsoft Lumia 650
luns, 15 de febreiro do 2016
Windows 10 para móbiles está a ter moitos atrancos para
callar no mercado, xa que o sistema operativo aÃnda parece lonxe de estar
pulido e os terminais que chegaron ás tendas co sistema preinstalado teñen
prezos moi elevados, e para mellorar a situación o
vindeiro xoves vai iniciarse a distribución nalgúns mercados europeos o novo
Lumia 650, un atractivo smartphone que venderase en cor branca mate e negra
mate a un prezo de 199 dólares (que no
caso de Alemaña será de 229 euros, prezos que é moi probable que sexa o que
teñamos en España).
Estamos ante un smartphone de deseño metálico, que consegue unha aparencia
bastante elegante e busca facerse un espazo entre o uso persoal e o
profesional, aÃnda que parece bastante claro que estamos ante un teléfono
orientado claramente ao mundo da empresa, que é onde os teléfonos con Windows
10 poden ter un maior sentido, por ofrecer unha boa integración coa
infraestrutura informática corporativa (pode xestionarse mediante MDM e conta
con numerosas medidas de cifrado para que a información empresarial estea
segura).
O Lumia 650
tamén busca fuxir das enormes dimensións dos terminais actuais, e confórmase
cunha pantalla OLED de 5 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles),
cun grosor de 6,9 milÃmetros e un peso de 122 gramos, de xeito que serÃa un
móbil bastante compacto e lixeiro. Integra cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, pode
facer uso das aplicacións de Microsoft Office, a nube de OneDrive e o asistente
virtual Cortana.
Baixando a especificacións, temos un teléfono con conectividade 4G, procesador
Qualcomm Snapdragon 212 de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas microSD), Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, NFC e
baterÃa de 2.000 mAh, prestacións bastante modestas para o seu rango de prezo.
VÃdeo promocional do Lumia 650