Esta semana sae á venda o Nothing Phone (2a) Plus
mércores, 31 de xullo do 2024
No mes de marzo chegou a mercado o Nothing Phone (2a), un smartphone de gama media dirixido aos que buscan un teléfono competente cun deseño orixinal, e curiosamente xa van contar cunha versión mellorada, pois a partir do 3 de agosto estará dispoñible o Nothing Phone (2a) Plus.
Estamos ante unha versión moi lixeira, que actualiza o seu procesador para mellorar a súa potencia un 10%, actualiza a súa cámara frontal, e incrementa moi lixeiramente a súa carga rápida (de 45 a 50 watts).
Concretando as especificacións do novo smartphone, temos un procesador MediaTek Dimensity 7350 Pro 5G, 12 GB de RAM, 256 GB de almacenamento, pantalla AMOLED de 6,7 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz e 1.200 nits de brillo máximo, sensores de 50 MpÃxeles nas súas dúas cámaras traseiras e na súa cámara frontal, baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 50 watts, resistencia IP54, lector de impresións dixitais baixo a pantalla, NFC, altofalantes estéreo e, como sinal de identidade, unha interface Glyph, que mediante diferentes zonas iluminadas na súa parte traseira poden amosar notificacións dun xeito rechamante.
Espérase que teña un prezo de 399 euros (ou sexa, que sexa lixeiramente máis caro que o modelo anterior, á venda por 379 euros).