Esta semana celébrase en Vigo un congreso de tecnoloxías aplicadas ao ensino da electrónica
luns, 11 de xuño do 2012- Alfonso Lago Ferreiro e Martín Llamas Nistal, do Comité Organizador desta edición
O vindeiro mércores, 13 de
xuño, vai dar comezo en Vigo a X
edición do Congreso TAEE (Tecnoloxías Aplicadas ao Ensino da Electrónica),
que cada dous anos reúne a profesorado implicado na innovación no sistema
educativo dentro da área da electrónica e tecnoloxías afíns.
Esta edición celébrase na
Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, da man de Alfonso Lago
Ferreiro, do Departamento de Tecnoloxía Electrónica, e de Martín Llamas Nistal,
do Departamento de Enxeñaría Telemática, á fronte do Comité Organizador.
O congreso TAEE 2012, que está
co-financiado tecnicamente pola Sociedade de Educación do IEEE, estrutúrase en
catro conferencias plenarias, dúas mesas redondas, dúas sesións especiais e 19
sesións presenciais (todas elas de carácter oral), que servirán para achegar a
actualidade do sector e as ferramentas máis axeitadas para impartir esta
materia no ensino superior.
As xornadas continuarán ao
longo do xoves 14 e venres 15 de xuño, e entre os relatores convidados destaca
a presenza de Mireia Fábrega Iglesias, xestora de proxectos Erasmus na EACEA
(Education Audiovisual & Culture Executive Agency; Carlos Vaz de Carvalho,
presidente do Capítulo Portugués da Sociedade de Educación do IEEE e director
do Grupo de Investigación GILT; e Russ Meier, vicepresidente de Conferencias e Workshops
da Sociedade de Educación do IEEE e profesor na Escola de Enxeñaría de
Milwaukee, que achegará a súa visión da utilidade de ferramentas como as redes
sociais Facebook, Twitter, Linkedin, Youtube e Google+ como novas formas
innovadoras de conectar as persoas.
Tamén se contará coa presenza
do Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro,
antigamente Reitor da USC; coa do vicerreitor de Relacións Internacionais da
Universidade de Vigo, Roberto Capilla Lladró ou co Coordinador de Avaliacion de
Ensinanzas e Institucións da ANECA, Laureano González de la Vega, entre outros.
O congreso clausúrase o
vindeiro venres, día 15 de xuño, a partir das 13:30 cun xuntar para os
asistentes.