Ericsson e Intel colaboran nun sistema anti-roubo para portátiles

xoves, 11 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Para protexer os ordenadores portátiles Ericsson anunciou que grazas á súa colaboración con Intel van permitir a incorporación a ordenadores portátiles dun sistema anti-roubo que tanto protexe os contidos do equipo como facilita a súa localización en caso de desaparición.
Deste xeito, Ericsson achega os seus módulos de banda larga móbil e os seus receptores de GPS mentres o fabricante de procesadores achega a súa tecnoloxía Intel Anti-Theft PC Protection, que bloquea o ordenador en certas condicións (coma ante numerosos fallos de introdución do contrasinal axeitado) ou mediante desactivación remota (valéndose da tarxeta de banda larga móbil para recibir a mensaxe SMS que bloquea o equipo). Amais, de contar con GPS o propio equipo podería responder coa súa localización actual, facilitando a súa recuperación.
Esta tecnoloxía entrará en fase comercial na segunda metade de 2009.

PUBLICIDADE