Epic Mickey terá secuela en 2012
venres, 30 de decembro do 2011- Unha enquisa publicada accidentalmente Ãnstanos a elixir a portada de Epic Mickey 2
Un artigo de StitchKingdom.com, páxina web especializada en
novas da Disney, incluÃu información sobre Epic
Mickey 2, accidente que corrixiuse rapidamente eliminando rastro desta
filtración accidental, grazas á que sabemos que no
outono de 2012 teremos unha secuela do Epic
Mickey, que estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii. O
xogo volverá a embarcarnos nunha aventura por un mundo chego de personaxes
esquecidos da Disney, que como grande novidade incluirá un modo de xogo para 2
usuarios a pantalla partida, empregando un xogador ao rato Mickey, mentres que
o seu acompañante poderá controlar a Oswald, o coello da sorte (primeiro personaxe
animado de Walt Disney), que poderá voar coma un helicóptero e utilizar
electricidade para loitar.
Entre as filtracións sobre o xogo inclúese unha enquisa na que pretenden que os
usuarios axuden a elixir a portada que terá o xogo, polo que a información ao
respecto, pese a ser aÃnda un rumor, ten moitas posibilidades de confirmarse
nos vindeiros dÃas.