Engel achega o sistema operativo Android 2.3 ao televisor

luns, 2 de abril do 2012 Marcus Fernández

O fabricante de electrónica de consumo Engel vén de presentar un novo e atractivo dispositivos para que facilita a achega do sistema operativo Android ao noso televisor, o EngelDroid, que no seu modelo EN1007, que cunhas medidas de 105 x 100 x 20,7 milímetros presume de ser o receptor Android máis cativo do mercado. Este dispositivo funciona con Android 2.3, conta con Wi-Fi, saída HDMI, 2 portos USB, lector de tarxetas SD e soporte de Adobe Flash, permite reproducir contidos multimedia, navegar pola web, xogar e mesmo acceder a múltiples contidos multimedia que atopemos pola Rede, destacando especialmente polos seus mandos a distancia: inclúe un mando Twist, que inclúe por un lado un mando de distancia tradicional e polo outro un teclado QWERTY para facilitar o uso da web; e tamén conta cun mando Motion con control de movemento, o que resulta de utilidade tanto para xogar como para desprazar o cursor pola pantalla coma se fose un rato informático.
Este interesante trebello chegará ás tendas a un prezo de 149 euros.


Vídeo de presentación do novo dispositivo de Engel

O EngelDroid EN1007 conta con 2 portos USB, lector de tarxetas SD, Wi-Fi e saída HDMI cun tamaño moi reducido

PUBLICIDADE