Energy Sistem incorpora procesadores de dobre núcleo aos seus tablets de 8 polgadas

mércores, 10 de abril do 2013 Marcus Fernández

Energy Sistem actualiza os seus tablets con pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768, incorporándolles procesadores ARM Cortex A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, que sairá á venda o vindeiro día 22 e que propóñense como unha das opcións máis competitivas do mercado, pois no seu modelo con 8 Gb de almacenamento interno os Energy Tablet i8 Dual venderanse a 159 euros, mentres que co dobre de capacidade só incrementarán o seu prezo 10 euros.
Estes tablets funcionan con Android 4.1, teñen 1 Gb de RAM, poden ampliar o seu almacenamento interno mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb, integran cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles, gozan de conectividade Wi-Fi N e USB 2.0 (incluíndo función USB-Host para conectar memorias USB, discos duros, teclados...) e unha batería de 4.000 mAh que achega unha autonomía de ata 6 horas de navegación Wi-Fi. Cun grosor de 8,6 milímetros e un peso de 420 gramos estes tablets tamén contan con saída HDMI a 1.080p, o que facilita a reprodución de contidos multimedia no televisor.

Os novos tablets contan con función USB-Host

Os Energy Tablet i8 Dual estarán dispoñibles en varias cores

PUBLICIDADE