En marcha a plataforma web de autoavalización Comercio Seguro
luns, 25 de maio do 2020
O
Goberno galego vén de activar unha nova plataforma para botar unha
man aos establecementos (e tamén aos clientes) nestes tempos de
volta á “normalidade”, trátase da web
comerciosegurogalicia.com,
a través da cal se achegan ao sector as claves para garantir
“seguridade e confianza á clientela” na volta á actividade, con
diferentes recomendacións sanitarias e de prevención.
A
páxina foi dada a coñecer este luns 25 de maio polo conselleiro de
Economía, Francisco Conde, no transcurso dun webinario
con comerciantes e autónomos da provincia da Coruña, aos que
trasladou as diferentes medidas de apoio que a Administración
autonómica ten en marcha para o colectivo.
A
través da ferramenta web Comercio Seguro, sinalou Conde, cada
comerciante poderá realizar unha autoavaliación en liña, de
maneira “directa e sinxela”, que lle achande o camiño para
aplicar e garantir as medidas sanitarias e de prevención que lle
corresponden ao seu negocio.