En breve teremos un novo xogo de Pokémon para móbiles

mércores, 15 de maio do 2019 Marcus Fernández

Hai un par de anos iniciaron no Xapón as probas do xogo móbil Pokéland, que sería unha especie de adaptación do Pokémon Rumble que en 2009 saíu para Wii, e agora este título inicia as súas probas para Android en Australia baixo o título de Pokémon Rumble Rush, anunciándose que o seu lanzamento oficial no Xapón será inminente e tampouco faltaría moito para que este xogo móbil chegue ao noso territorio, pois na tenda de Google Play xa figura a a súa descrición en español.
O Pokémon Rumble Rush é un xogo moi na liña do que puidemos ver en Wii, co que comparte mecánicas de xogo, o que supón que os xogadores tomarán o papel dun equipo de varias criaturas Pokémon de xoguete que terán que ir percorrendo niveis enfrontándose a outras criaturas que atacarán en grupos numerosos. O xogo chegará como free-to-play e contará con versións para Android e iOS.

O novo xogo móbil é unha adaptación do Pokémon Rumble de Wii lanzado en 2009

Vídeo no que podemos facernos unha idea de como será o novo xogo de Pokémon para móbiles

PUBLICIDADE