En Europa teremos un streamer Android da marca Nokia
luns, 9 de novembro do 2020
No verán sorprendÃan lanzando na India o Nokia
Media Streamer, un trebello baseado en Android para dotar a televisores prestacións
de Smart TV, quedando no aire a posibilidade de que este tipo de chegasen a
Europa até agora, xa que veñen de dar conta de que a
empresa austrÃaca Streamview está a facer realidade o su Nokia Streaming Box
8000.
Cómpre advertir que este trebello para levar Android TV aos televisores a
través de HDMI non é realmente un produto fabricado por Nokia, senón creación
da propia Streamview, compañÃa que simplemente fÃxose cos dereitos para
empregar a marca neste dispositivo que permitirÃa gozar de aplicacións como YouTube,
Netflix, Prime Video ou Play Movies a través dunha interface de uso
desenvolvida por Google, que resulta moi práctica para a xestión do consumo
multimedia doméstico.
Este trebello que pretende chegar ao mercado antes do Nadal a un prezo de 100
euros (incluÃndo mando a distancia, adaptador de corrente e cable HDMI) terá
que competir especialmente co novo Chromecast con
Google TV, que parece ser un produto mellor e máis económico (69,99 euros)
pero do que diferenciarÃase pola conectividade do dispositivo, que incluirÃa un
porto USB 3.0 para conectar unidades de almacenamento externas para acceder aos
seus contidos multimedia, saÃda óptica de son e un porto Ethernet (para poder
conectar o trebello á Rede mediante cable, o que resulta moi práctico ante
conexións Wi-Fi inestables ou para instalacións nas que o router doméstico está
xunto ao televisor).
Haberá que ver se a boa conectividade, xunto cun mando a distancia moi completo
(orientado a non precisar do uso de dous mandos a distancia á vez) fan que este
produto consiga facerse un oco nun mercado moi competitivo, especialmente pola
presenza de Google e de Amazon (que actualmente está a vender o Fire
TV Stick 4K a 39,99 euros, facendo que o prezo da competencia resulte moi
pouco atractivo).
- A conectividade do Nokia Streaming Box 8000 é a súa principal vantaxe fronte a solucións moito máis económicas