En Boiro o Concello comezará o outono con formación tecnolóxica para a cidadanía

xoves, 16 de setembro do 2021 S. P.

A aula CeMIT do Concello de Boiro abriu o prazo e inscrición dos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van impartir no mes de outubro. As clases vanse impartir de xeito presencial no Centro Social da localidade entre os día 4 e 28 de outubro de luns a xoves de 10 a 12 horas.
Entre as actividades que se van impartir neste mes están destinadas á preparación de probas libres para a obtención do CODIX (certificación galega de competencias dixitais en ofimática) e que inclúen un módulo de introdución, formación en procesador de texto Writer e elaboración de presentacións Impress, en folla de cálculo Calc e en base de datos Base.
Toda a información sobre os cursos e inscricións no enderezo electrónico exentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía WhatsApp no 629 769 139.

PUBLICIDADE