Kekotukos Origins, novo xogo formativo para iPad de emprendedores lugueses
luns, 15 de febreiro do 2016
A
nacente empresa de Lugo, Kekotukos,
asesorada virtualmente polo viveiro
de empresas da Fundación CEL–Iniciativas por Lugo,
vén de engadir ao mercado dos xogos educativos para iPad Kekotukos
Origins, a primeira app
que oferta esta startup,
pensando desenvolvemento de produtos dixitais. Kekotukos Origins, xa
dispoñÃbel para descarga en App Store a un prezo de 2,99 euros, é só o primeiro dunha
serie de xogos que a empresa luguesa quer crear dentro do seu
proxecto de Universo Infantil Dixital Kekotukos: lecer educativo para
nenos de entre 2 e 12 anos.
Os
emprendedores promotores deste proxecto, Pablo Encabo e Eduardo
Veiga, levan traballando dende comezos de 2015 cos seus colaboradores
e sinalan que esta aplicación está concibida para crianzas
prelectoras, de entre 2 e 7 anos de calquera paÃs (non inclúe carga
textual, o que elimina a barreira idiomática). Introduce aos
pequenos nun mundo de conto no que os seus protagonistas, uns
extraterrestres denominados tukos, viaxan dende o seu planeta
Tukón á Terra onde coñecen a Keko, o protagonista. Os nenos terán
que axudar a Keko no seu intento de ensinar aos tukos a vivir
correctamente neste planeta e a atopar a un compañeiro que perderon.
- Kekotukos Origins inclúe 12 minixogos diferentes
Kekotukos
Origins está composta por doce mini-xogos diferentes, nos cales os
máis pequenos poderán converterse nos pilotos dunha nave espacial,
xogar ao agocho a medianoite, explorar bosques e camiños, resolver
enigmas, aprender a tocar o piano ou cociñar bocadillos, entre
outras actividades.
A
app está deseñada para fomentar a imaxinación do neno e o
progreso dalgunhas das súas capacidades máis importantes:
motricidade, discriminación visual, cognición e lóxica. Intuitiva,
pode xogarse con ou sen a supervisión dun adulto e a súa
dificultade é, ademais, adaptativa: vai evolucionando de maneira
progresiva segundo mellore o neno. Inclúe amais informes para pais
en tempo real: os adultos poden consultar a evolución das
capacidades dos cativos.
Kekotukos
pretende seguir medrando a través da creación de novas aplicacións
multiplataforma, contido multimedia e outros recursos educativos.
O
lanzamento máis inmediato será o de Kekotukos Surprise, dirixida a
cativos que están a comezar a ler e onde se lles ensinan os
seus primeiros conceptos en español e inglés xunto coa súa
correcta pronuncia. Amais de en iOS, Kekotukos Surprise tamén estará
dispoñÃbel para descarga en Android.
Tráiler de Kekotukos Origins