Emprego e 17 influencers farán campaña nas redes sociais para sensibilizar sobre a igualdade
venres, 1 de xullo do 2022
A
conselleira
de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana,
presentou unha nova edición da campaña #igualdadefollowers, que
se basea en tirar proveito do ascendente das redes sociais entre a
mocidade para levar á xente nova mensaxes contra a violencia de
xénero, a prol da igualdade, e contra as discriminacións. Dezasete
persoeiros influencers do mundo do deporte, a moda, o
xornalismo, a investigación ou as artes, participarán na iniciativa
que, tal e como reflectiu a conselleira, buscou recompilar testemuñas
de personaxes relevantes desde unha óptica multidisciplinar.
A
conselleira fixo un chamamento á xente nova xa que, como destacou,
segue sen recoñecer de pleno a violencia de xénero na contorna
dixital “normalizando o control das parellas a través de
dispositivos móbiles, influíndo seriamente nunha situación de
maltrato psicolóxico, e establecendo roles de poder diferentes que
adoitan situar ao xénero feminino nun status inferior ao masculino”.
Por este motivo, dixo, a Xunta conta nesta campaña con persoas
referentes, “para que as e os guíen e lles expliquen como
identificar, primeiro, e despois como combater as desigualdades que
aínda persisten”.
A
campaña desenvólvese en colaboración coa Asociación de
Periodistas de Galicia e contará coas contribucións de persoas con
ampla presenza en redes que suman milleiros de seguidores: Omaira
Marcos (influencer especializada en moda), Adiaratou Iglesias
(atleta, medalla de ouro e prata nos Xogos Olímpicos de Toquio),
Manuel Jabois (xornalista e escritor), Ana Freire (enxeñeira e
investigadora), Eva Porto (influencer especializada na busca
de emprego), Paola Freire (especializada en gastronomía), Héctor
Castiñeira (enfermeiro e divulgador sanitario), José Tubío (premio
internacional de investigación sobre cancro), Patricia González
(capitá do equipo de fútbol sala Pescados Rubén de Burela), Lara
Lars (ilustradora e arquitecta), Natalia Álvarez (CEO de Walamami),
Luis Zahera (actor), Daniel Minimalia (músico, gañador de Grammy
Latino 2020), Nuria Pérez (escritora), Emma Lustres (produtora
audiovisual), Javier Gómez Noya (triatleta), e Óscar Pereiro
(ciclista e comentarista deportivo).