Emporia Elegance, un móbil para persoas maiores comercializado por R
luns, 13 de decembro do 2010
Os teléfonos
móbiles deseñados para persoas maiores pola súa facilidade de uso e polo tamaño
das súas teclas e pantallas están a ser un interesante reclamo para as
operadoras de telefonÃa, e mentres Orange
comercializa o seu Esencial fabricado por ZTE, a galega R
fai o propio co Emporia Elegance, de fabricación austrÃaca, que mide 109 x
50 x 12 milÃmetros, pesa 92 gramos, está orientado para o seu uso para chamadas
e mensaxes de texto, conta cunha ampla pantalla OLED monocroma de alto
contraste de 1,8 polgadas e con letras de grande tamaño, teclas extragrandes (1
centÃmetro de ancho), alarma e lanterna. Tamén conta con espertador,
altofalante con volume extra alto e compatible con audÃfonos, unha autonomÃa de
300 horas en espera e 240 minutos en conversa e un prezo de
venda de 129 euros libre e 0 euros con portabilidade a un contrato cun
consumo mÃnimo de 6 euros/mes.