Elgato presenta unha luz portátil
xoves, 10 de febreiro do 2022
A marca de produtos para gamers e streamers
Elgato continúa a lanzar produtos para a unha iluminación persoal doada e
versátil de cara á produción de contidos en liña, e desta volta presenta a súa Key Light Mini, unha luz
que venden a 99,99 euros e que como principal caracterÃstica ten o seu tamaño
compacto e a súa baterÃa de 4.000 mAh, que facilitan un uso portátil, de xeito
que tanto podemos empregalo con moita flexibilidade en instalacións fixas como
serve para levar a gravacións ou retransmisións que se fagan en calquera lugar
gozando dunha iluminación de até 800 lumenes podendo axustar a súa temperatura
de cor entre 2.900 e 7.000 K.
Esta luz LED portátil conta con controis que facilitan o seu axuste de brillo e
temperatura de cor moi doados, permitindo que estes parámetros tamén poidan axustarse
a través de aplicacións para dispositivos móbiles e PC.
Tamén conta cunha rosca
de montura estándar, polo que é doado empregala con comodidade xunto a unha cámara
ou móbil para a captación de imaxes en lugares con pouca luz. E aÃnda que
pareza que este tipo de iluminación estea pensada só para a mobilidade, tamén é
ideal para complementar as nosas videoconferencias, xa que esta solución ocupa
moi pouco espazo e pode colocarse case en calquera posición para iluminar o
noso rostro incluso a unha distancia bastante próxima (grazas aos seus axustes
e aos difusores que fan que a súa iluminación non resulte moi dura).
Como acontece co resto de luces de Elgato, os usuarios que conten cun
controlador Stream Deck tamén poderán axustar o brillo e a temperatura de cor
da Key Light Mini directamente dende os seus botóns, podendo establecer asÃ
atallos a niveis especÃficos, o que resulta ideal para activar configuracións establecidas
previamente.
- Pese á súa vocación portátil, a Key Light Mini tamén poden integrarse directamente no noso escritorio
- A Key Light Mini pode resultar de grande utilidade para a realización de videoconferencias
- Os creadores de contido que fagan uso de dispositivos móbiles tamén poden beneficiarse das bondades deste tipo de iluminación