El profesor Layton y la Caja de Pandora chega a dispositivos móbiles
xoves, 20 de xuño do 2019
A saga de xogos do Profesor Layton pode darse por amortizada
nas consolas portátiles de Nintendo (ao ter vendido máis de 17 millóns de
copias), de aà que estea a adaptarse a dispositivos móbiles, e tras o lanzamento
hai uns meses de El profesor Layton y la villa misteriosa para iOS e
Android chega agora El
profesor Layton y la Caja de Pandora, xogo que agora presenta gráficos
en alta definición para que o seu goce en dispositivos móbiles sexa
satisfactoria.
O xogo está dispoñible
para Android e para
iOS a un prezo de 10,99 euros, achegando unha divertida historia que serve
para fiar numerosos quebracabezas que o profesor Hershel Layton e o seu pupilo
Luke Triton deberán resolver, para conseguir finalmente desvelar o misterio da
Caixa ElÃsea. Teremos máis de 150 desafÃos mentais, adiviñas e quebracabezas
que superar, estando o xogo dispoñible en inglés, francés e español.
Tráiler do xogo