El Poder de la Fuerza sae oficialmente nos EE.UU. (e nos iPhone de todo o mundo)
martes, 16 de setembro do 2008
- Imaxe da versión do xogo para o iPhone
O vindeiro venres
chega ás tendas españolas o xogo Star
Wars: El Poder de la Fuerza para PS3, PS2, PSP, Xbox 360, Nintendo DS e
Wii, pero curiosamente os usuarios do iPhone xa poden adquirir
por 7,99 euros unha copia do xogo para o seu dispositivo, posto que
hoxe era o lanzamento oficial do xogo nos EE.UU. (e a App Store non entende de
fiestras de lanzamento internacionais).
A chegada do xogo para as versións antes mencionadas nos EE.UU. foi hoxe mesmo,
para o que o luns pola noite se
organizou unha festa de lanzamento que contou cunha breve
intervención de George Lucas, pai da saga cinematográfica que inspirou o novo
xogo.
- Na festa de lanzamento de El Poder de la Fuerza nos EE.UU. non faltaron afeccionados disfrazados
Non faltaron ao evento afeccionados disfrazados de soldados imperiais e
cabaleiros jedi, o que é toda unha
tradición en todo acto que se mova ao redor do Universo de Star Wars. De feito,
El Poder de la Fuerza non é un xogo
máis, senón que é todo un capÃtulo da historia global (situado entre os
episodios III e IV) que non conta só cun videoxogo, pero que destaca por
explotar o espazo que separa as dúas triloxÃas da pantalla grande.
A crÃtica especializada está a considerar este xogo coma decepcionante (aÃnda
que recoñece a súa calidade global) pero o público non parece estar moi de
acordo, pois as copias de El Poder de la
Fuerza que se filtraron á Rede o pasado venres están a circular con moita
fluidez por redes P2P (con milleiros de usuarios compartÃndoas) e non son
poucos os que aseguran as primeiras horas de xogo son emocionantes, de xeito
que non sorprende que moitas tendas españolas leven tempo reservando copias
deste tÃtulo que poderÃa voar dos estantes esta fin de semana de cumprirse coa
previsións e, aÃnda que non se trate do xogo do ano, será un tÃtulo que
satisfará aos fieis seguidores das aventuras dos jedi nunha galaxia moi, moi lonxana…