El Poder de la Fuerza estrea contido descargable
martes, 9 de decembro do 2008- A nova fase do Templo Jedi nos pode achegar máis dunha hora de diversión
O xogo El Poder de la Fuerza, pese aos seus
defectos, se converteu nun imprescindible para todos os seguidores da saga
cinematográfica de Star Wars, e para
achegarlles máis horas de lecer se ve agora mellorado por 2
paquetes de contidos descargables de pago.
A descarga máis importante que se pode adquirir a través da PlayStation Network
ou do Bazar de Xbox LIVE (segundo teñamos unha PS3 ou unha Xbox 360) será a
misión do Templo Jedi, que se trata dun novo nivel no planeta Coruscant na que
manexaremos a Starkiller por un escenario novo e que se vende por 800 Microsoft
Point (uns 9,6 euros) ou 9,99 euros (para PS3) xunto con 9 novas peles para incrementar a dispoñibilidade
de personaxes no xogo: 3 traxes novos para Starkiller, 2 novos droides de adestramento
e a incorporación de Dark Stalker, Qui-Gon Jinn, Darth Maul e Mace Windu.
Podemos asà cambiar a aparencia do noso personaxe, e superar o xogo meténdonos
no pelexo doutros cabaleiros jedi.
- Manexar a Mace Windu será unha das novidades que complementan á incorporación do novo contido descargable
O segundo paquete de descargas é máis reducido, vendéndose por 400 Microsoft
Points (uns 4,8 euros) ou 4,99 euros (para PS3)
e que inclúe coma personaxes xogables a Luke Skywalker, Ben Kenobi, Plo
Koon, o Conde Dooku, Jango Fett, C-3PO e un trooper
da República. Tamén inclúe 3 novas vestimentas para Starkiller.
A principal mellora destes paquetes descargables serÃa a posibilidade de
cambiar a aparencia do noso personaxes para rexogar
as distintas fases, pero o
novo nivel introducido pódese superar en pouco máis dunha hora, polo que o
usuario ten que ser consciente de que por preto de 10 euros non se está a abrir
unha importante renovación do xogo, senón unha simple ampliación que pode
achegar un pouco máis de diversión.
- Meterse na pel de Darth Maul pode ser de agradecer para moitos usuarios (aÃnda que o personaxe xa estaba presente no xogo a través dun droide de adestramento).