Ectaco aposta polo baixo prezo no seu lector de libros electrónicos
luns, 19 de outubro do 2009
A competencia no
sector dos lectores de libros electrónicos afecta directamente ao seu prezo, e
asà Ectaco está a preparar un dispositivo chamado jetBook
Lite, que vén de amosar na Feira do Libro de Fráncfort, e que
deixarÃa de lado a tecnoloxÃa de E Ink, optando por unha pantalla TFT de 5
polgadas para presentar os contidos, o que facilitarÃa a súa redución de prezo
ata chegar ao seu obxectivo: venderse
por 149 dólares (menos de 100 euros). Actualmente pode adquirirse por 179,99 dólares (incluÃndo portes para boa parte dos EE.UU.).
Este tipo de tecnoloxÃa emprégase actualmente en dicionarios electrónicos, e
para aforrar custos tamén prescinde de baterÃa interna (funciona con 4 baterÃas
AA), conta con 100 Mb de memoria interna ampliable con tarxetas SD e entre o
seu soporte de idiomas inclúe o inglés, alemán, ruso, polaco e español.
O Ectaco jetBook Lite é compatible coa tenda de libros electrónicos de Barnes
& Noble e, aÃnda que as súas prestacións disten moito das que ten a
competencia, o seu atractivo prezo poderÃa superar tal atranco.
O jetBook Lite en acción