Económicos adaptadores USB-LAN de Sharkoon

mércores, 2 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Compartir dispositivos USB nunha rede doméstica ou corporativa é agora moi doado grazas a Sharkoon, compañía que comercializa un par de adaptadores USB-LAN transforman a conexión USB de impresoras, discos duros e pendrives nun porto RJ45, de xeito que así pode conectarse a un router para acceder a estes dispositivos en rede.
O Sharkoon USB LANPort 100 permite a conexión dun dispositivo USB para acceder ao mesmo en rede e véndese por só 22,99 euros, aínda que pode resultar máis atractivo o Sharkoon USB LANPort 400, que acepta ata 4 dispositivos USB e custa só 36,99 euros.
Con estas solucións conséguese unha solución económica para almacenamento en rede ou incluso facilítase o uso de impresoras en oficinas, que non dependen así de que o ordenador ao que están conectadas estea acendido para poder facer uso das mesmas.
Para o funcionamento destes adaptadores inclúese un software que facilita o seu uso baixo Windows XP, Vista e 7 compatible tanto coas súas versións de 32 coma de 64 bits.

O Sharkoon USB LANPort 100 só permite compartir un dispositivo USB a través de Ethernet

PUBLICIDADE