Económica cámara dixital somerxible de MEDION

luns, 27 de xuño do 2011 Marcus Fernández

De cara ao verán chegará ás tendas a cámara dixital Medion LIFE S41002 (MD86459), que cun sensor CMOS de 5 Mpíxeles, pantalla LCD de 2,5 polgadas e zoom dixital de 8x non sorprende polas súas prestacións técnicas, senón polo feito de poder somerxerse ata a 3 metros de profundidade e manter o seu prezo de 59,95 euros, de xeito que convértese nunha cámara ideal para levar á praia.
Mide 90 x 61 x 20,5 milímetros e pesa 120 gramos coas 2 baterías AAA que precisa para o seu funcionamento. Almacena as imaxes captadas en tarxetas microSD ou microSDHC e pode conectarse ao ordenador a través de USB 2.0. Tamén grava vídeo en formato VGA.

PUBLICIDADE