EasyNet Space proponse coma un posto de acceso á Rede en lugares públicos

martes, 12 de maio do 2009 Marcus Fernández

A empresa xermana Merkur Gaming deseñou unha solución para dar de certa comodidade e intimidade aos usuarios que accedan á Rede dende locais públicos; trátase de EasyNet Space, unha estación de acceso á Internet que poderiamos considerar coma unha mestura entre un cubículo e unha cápsula, que conta cunha estrutura esférica que protexe unha pantalla TFT de 19 polgadas de miradas indiscretas. Tamén conta cun teclado retroiluminado e un rato óptico. O equipo informático instalado dentro contaría con conexións Ethernet e Wi-Fi e cámara web. Comercializaríase en 3 cores (vermello, prateado e negro) e mide 140 x 173 x 140 centímetros, sendo unha solución bastante axeitada para a súa instalación en hoteis, centros comerciais, feiras ou museos.

O EasyNet Space é ideal para a súa colocación en hoteis ou outros locais públicos

PUBLICIDADE