Duo Gamer achega o control físico aos xogos para dispositivos móbiles de Apple

luns, 1 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Non é ningún segredo que o iPad, o iPhone e o iPod Touch son vistos por moitos consumidores como excelentes dispositivos para xogar, pero o feito de que a súa interface de uso sexa principalmente táctil é un atranco para moitos tipos de xogo, de aí que nos últimos anos non fosen poucas as propostas que chegan para paliar tal carencia, pero finalmente teremos unha aprobada por Apple, o Duo Gamer, trebello de Discovery Bay Games que achega mandos físicos como os das videoconsolas domésticas que funcionará nos xogos de Gameloft para iOS.
Este accesorio que integra cruceta dixital, 2 sticks analóxicos e 4 botóns de acción, servirá para controlar dun xeito preciso títulos como Asphalt 7: Heat, Order & Chaos Online, Brothers In Arms 2: Global Front, Modern Combat 3: Fallen Nation e N.O.V.A. 3, para o que comunícase cos dispositivos móbiles de Apple a través de Bluetooth. Este produto chegará ao mercado no outono a un prezo previsto de 79,99 dólares.

O mando Duo Gamer converte o iPad nunha especie de consola de videoxogos doméstica

PUBLICIDADE