Duke Nukem Forever chega ás tendas
venres, 10 de xuño do 2011- O agardado xogo por fin é realidade
Tras preto de 15
anos de espera, chega
finalmente ás tendas Duke Nukem Forever,
xogo xurdido do éxito de Duke Nukem 3D,
e que durante moitos anos foi galardoado como o Vaporware do Ano pola revista Wired, por adiar constantemente o seu
lanzamento e chegar a ser cancelado en varias ocasións. Toda esta odisea non
xogou a favor deste titulo, que tivo que pasar por varias compañÃas e plataformas
ata que ao final chegase a PC, Xbox 360 e PlayStation 3, aÃnda que sen destacar
tecnicamente, polo que serÃa un xogo só recomendable para os incondicionais do
personaxe protagonista e o seu sentido do humor, máis que para xogadores de shooters en xeral.
Con este xogo non só teremos nas nosas mans un xogo que parecÃa non converterse
nunha en realidade, senón que tamén recupérase unha franquÃa que contará con
máis xogos nos vindeiros anos, que posiblemente sexan moi superiores
tecnicamente por desenvolverse na xeración de consolas actual e non ter que
herdar distintos ciclos de desenvolvemento que lastren o produto.
Curiosamente, tras tanto retraso, unha das cousas máis rechamantes de Duke Nukem Forever é que apareceron
copias do xogo na Internet unha semana antes de que chegase ás tendas, o que
poderÃa afectar seriamente ás súas vendas (ao que tampouco contribúen as súas malas
crÃticas iniciais).