DuckTales: Remastered chega a dispositivos móbiles
luns, 6 de abril do 2015
Durante o verán de 2013 chegou a plataformas
domésticas unha excelente remasterización en alta definición do videoxogo
baseado na serie de televisión PatoAventuras
lanzado inicialmente para a consola Nintendo en 1989, e tras a boa acollida
deste xogo de plataformas protagonizado polo TÃo Gilito e os seus tres sobriños a través de numerosos mundos
temáticos na procura de 5 tesouros lendarios era inevitable que se ampliase o
número de plataformas nas que estivese dispoñible, de aà que nos últimos dÃas
dese o salto a plataformas móbiles.
DuckTales:
Remastered chega asà a Google Play
a un prezo un chisco elevado (11,12 euros), mentres que a
versión para dispositivos iOS véndese por 9,99 euros, resultando incluso
máis económica a versión
para Windows Phone 8, xa que trátase dunha aplicación universal que tamén
pode descargarse
dende dispositivos con Windows 8.1, o que supón unha especie de 2 por 1. O xogo vén a ser o mesmo en
todas as versións, gozando duns gráficos renovados moi coidados, pero mantendo
o estilo clásico do xogo de plataformas orixinal, polo que será a delicia dos
que gusten deste xénero, que agora poden rememorar esta aventura en
dispositivos móbiles.
Trailer da versión móbil de DuckTales: Remastered