Dúas ducias de iniciativas empresariais benefÃcianse xa da formación de Xerme Ecommerce
xoves, 8 de agosto do 2024
A ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración anunciou que un total de 23 iniciativas empresariais (13 delas asesoradas na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego) están a beneficiarse xa das vantaxes postas en xogo pola aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce.
Trátase dun programa de formación co-impulsado polo Clúster do Ecommerce Galego e no que se botará man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que os proxectos elixidos aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.
A ConsellerÃa lembra que o programa está dirixido a novos proxectos no eido do comercio electrónico e, tamén, a negocios existentes que aposten por acceder ás oportunidades de expansión que ofrece a comercialización dixital. De feito, das 23 empresas escollidas, 11 xa venden online e outras 4 só teñen local fÃsico, mentres outras 8 contan con ambas opcións habilitadas pero con interese en potenciar a venda electrónica, informou Emprego e Comercio, engadindo, nun plano máis concreto, que a través de Xerme Ecommerce avógase pola formación e polo mentoring, con obradoiros, titorÃas personalizadas e sesións docentes para que os emprendedores busquen oportunidades en todos os mercados, apoiados en expertos profesionais na materia.
Canto aos sectores representados, 20 dos proxectos elixidos refÃrense a produtos, mentres os outros tres abranguen servizos de viaxes, turÃsticos e de formación respectivamente. No primeiro grupo, destacan as iniciativas de distribución de produtos alimentarios, cosméticos, relacionados coa moda ou coa artesanÃa, entre outros relativos á xoierÃa, á cultura, á tecnoloxÃa ou ao campo dos xoguetes.
O Clúster do Ecommerce Galego co que se leva a cabo por vez primeira o programa Xerme Ecommerce aposta polo desenvolvemento do talento e da competitividade das empresas galegas mediante o apoio, incentivo e promoción do comercio electrónico.
A través do Clúster promóvese que convivan empresas nativas dixitais con empresas fÃsicas que teñen unha importante actividade online, facilitando a aprendizaxe mutua.