DreamPlug, un servidor compacto baseado en código aberto

xoves, 3 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os procesadores que alimentan teléfonos móbiles, tablets e ordenadores ultraportátiles están a prosperar a moi bo ritmo o que facilita a aparición de equipos de reducido tamaño coma o DreamPlug, un ordenador que só mide 110 x 69,5 x 48,5 milímetros, incorporando un procesador Marvell Sheeva Core a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 1 Gb de almacenamento en placa, lector de tarxetas SD, 2 portos Gigabit Ethernet, 2 portos USB 2.0, 1 porto eSATA, Wi-Fi, Bluetooth 2.1, entrada de micrófono, saída de auriculares e o sistema operativo Linux (Ubuntu ou Debian).
Este equipo está baseado en código aberto, ten un consumo moi reducido (uns 5 W) e un prezo económico (150 dólares), aínda que ao carecer de tarxeta gráfica e saída de vídeo enténdese que búscase que o seu uso sexa para facer de servidor doméstico (para páxinas web ou contido multimedia), existindo tamén unha versión un pouco máis avanzada con saída HDMI, capaz de reproducir vídeo a 720p e cun prezo de só 199 dólares.

PUBLICIDADE