Dous animadores galegos nomeados aos Goya

xoves, 29 de xaneiro do 2009 Raquel Noya

Xa se contan cos dedos das mans os días que faltan para que María Monescillo e Marcos Valín, dous animadores galegos que foron nomeados aos Goya, saiban se á fin reciben tan prestixioso galardón.
Ambos os dous compiten cun terceiro nomeado, David Priego, na categoría de animación, coa súa curtametraxe Rascals´Street.
A cerimonia de entrega dos Goya celebrarase o vindeiro domingo día 1 de febreiro e nela, é posible que Monescillo e Valín vexan recompensados os seus traballos de animación levados a cabo con Rascals´Street.
Na actualidade, están a desenvolver a preprodución da longametraxe O Apóstolo na produtora santiaguesa Artefacto. A película, dirixida por Fernando Cortizo, será a primeira realizada coa técnica de animación stop-motion no ámbito estatal. Asemade, os nomeada están rodando a curtametraxe Gatos, tamén de Cortizo e subvencionada pola Axencia Galega do Audiovisual.

PUBLICIDADE