DotEmu prepárase para resucitar a franquía de Pang

venres, 16 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Durante a celebración da París Games Week, que desenvolverase do 29 de outubro ao 1 de novembro, estará presente o desenvolvedor e editor de xogos retro DotEmu, onde amosará os seus novos proxectos entre os que destacará especialmente unha versión xogable de Pang Adventures, xogo anunciado o pasado mes de xullo e que procurará recuperar o espírito dunha franquía que causou furor nos salóns recreativos.
Para dar conta deste futuro lanzamento, DotEmu publicou en Facebook as primeiras capturas de pantalla do xogo, que presenta unha estética moi familiar, na que parecen captar con bastante acerto a esencia de Pang e Super Pang (os principais títulos da saga, publicados de xeito case consecutivo, mentres que as secuelas seguintes chegaron bastante máis tarde pasando practicamente desapercibidas).
Esperamos que a finais de mes dean máis detalles deste prometedor lanzamento que captará a atención dos amantes do retro.

JPEG - 149.2 KB
O xogo recupera as mecánicas e a estética dos Pang clásicos

PUBLICIDADE