Donkey Kong Jr. chegará este mes aos subscritores de Nintendo Switch Online
mércores, 8 de maio do 2019
Para
compensar que o servizo de Nintendo Switch Online é de pagamento Nintendo inclúe
recompensas como un
catálogo de xogos de NES que poden xogarse sen custo adicional na Switch,
partindo dun catálogo de 20 xogos aos que van incorporándose 2-3 tÃtulos cada
mes, sendo tÃtulos máis que notables, de xeito que en novembro puidemos ver
como engadÃan Metroid, en febreiro Super Mario Bros. 2 e en marzo Kid Icarus, e semella que maio tampouco
vai ser un mes pobre en xogos, xa que dende Nintendo
America adiantaron que os xogos que chegarán este mes serán Clu Clu Land, VS. Excitebike e Donkey Kong
Jr.
AÃnda que moitos usuarios da consolas doméstica orixinal de Nintendo lembrarán
posiblemente todos os xogos deste catálogo dispoñible en Nintendo Switch, o
caso de Donkey Kong Jr. é bastante
especial, xa que trátase dunha secuela do Donkey
Kong orixinal, na que Junior Kong
terá que superar numerosos atrancos para rescatar ao seu pai, secuestrado e
atrapado nunha gaiola por Mario, o que supón un divertido cambio de tornas que
visto dende hoxe resulta moi rechamante (xa que hai moitos anos que todos eses
personaxes están no mesmo bando).
Para os amantes destes xogos compensa claramente a subscrición a Nintendo
Switch Online, que custa 19,99 euros/ano, ou sexa, que só con 4 xogos de NES xa
cubrirÃan a cota anual (e o catálogo de tÃtulos vai camiño de superar os 40).
VÃdeo no que anuncian os xogos de NES que chegarán en maio aos subscritores de Nintendo Switch Online