Donkey Kong Country 3 chega esta semana á Consola Virtual de New Nintendo 3DS
luns, 30 de maio do 2016
Nintendo confirmou que o vindeiro
xoves chegará á eShop de New Nintendo 3DS o xogo Donkey Kong Country 3: Dixie Kong’s Double Trouble, ou sexa, que
grazas á Consola Virtual, as portátiles de Nintendo poderán gozar dun dos
últimos grandes xogos a clásica Super Nintendo, a terceira entrega da saga de
plataformas Donkey Kong Country, coa
que Rare demostrou que a familia Kong tiña o suficiente carisma para contar
cunha serie de xogos de seu que, por outra banda, converténdose de paso nun dos
xogos de plataformas de desprazamento lateral máis salientables do seu tempo.
Donkey Kong Country 3 saÃu
inicialmente a finais de 1996 para Super Nintendo, aÃnda que a finais de 2005
contou tamén cunha versión para Game Boy Advance, de xeito que conseguiu
manterse de certa actualidade, e tanto a Wii como a Wii U tamén o teñen
dispoñible nas súas consolas virtuais. O seu lanzamento para New Nintendo 3DS
terá un prezo de lanzamento de 5,59 euros, aÃnda que en poucos dÃas pasará a
venderse a un prezo ordinario de 7,99 euros, polo que os seareiros desta saga
deberÃa aproveitar a oportunidade para facerse cun dos clásicos de Rare para as
consolas de Nintendo.