Dodro achega á cidadanía o servizo Liña Verde para a comunicación de incidencias

martes, 22 de xuño do 2021 S. P.

Dodro é un dos municipios da nosa terra incorporados recentemente á comunidade de Liña Verde, unha aplicación móbil que establece unha canle directa de comunicación entre a cidadanía e o Concello para a solución de todo tipo de incidencias ou eivas nas infraestruturas, no mobiliario ou nos servizos municipais. Segundo fixo saber o Concello de Dodro, o servizo Liña Verde “favorece o uso de boas prácticas medioambientais e, en consecuencia, o desenvolvemento sustentábel do territorio”.
Esta ferramenta xa está presente noutros concellos galegos e en moitos casos acadou importantes taxas de resolución de problemas e participación cidadá.
A cidadanía pode acceder a Liña Verde a través da súa aplicación móbil, seleccionando (neste caso concreto) o municipio de Dodro, ou ben, directamente a través de www.lineaverdedodro.gal.

PUBLICIDADE