Dodro, Rianxo, Padrón e Rois melloran a empregabilidade de cen persoas con formación TIC

martes, 28 de xuño do 2022 S. P.

O Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro e Rianxo (2021/2022), financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), segue o seu curso dende que fora presentado no mes de febreiro en Padrón. Está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos concellos de Padrón, Rois, Dodro e Rianxo, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten como finalidade “a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral”. Un dos puntos básicos do programa é a capacitación tecnolóxico-dixital das persoas participantes coa finalidade de mellorar as súas opcións de atopar un posto de traballo.
Ademais das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral que se están a facer todos os días, nunha primeira fase realizáronse as seguintes accións formativas co obxectivo de mellorar a
empregabilidade dos usuarios:
-Manipulador de alimentos (10 horas) en Padrón.
-Prevención de riscos laborais (30 horas) en Padrón.
-Alfabetización informática e Internet (25 horas) en Rianxo.
-Busca activa de emprego mediante o uso das novas tecnoloxías (10 horas) en Rianxo.
En datas recentes executáronse os seguintes cursos en modalidade de teleformación:
-Cociña sa (35 horas).
-Servizos básicos de barra e restauración (40 horas).
A semana pasada remataron dous cursos:
-Agricultura ecolóxica (30 horas) en Dodro.
-Manexo de carretilla elevadora (30 horas) en Rianxo.

PUBLICIDADE